lunes, 28 de noviembre de 2011

Toponimia III

-> A Baña: Pode vir da voz latina balneu (baño, charco, paraxe con auga).

-> Balsa:
Proven da voz prerromana "balsa" , que primeiro significou (sitio ou valgada encharcada) e despois, sucesivamente, (caixa), (dorna) e (embarcación).


-> Baños:
Nome de lugar frecuente en Galicia, como corresponde a un país de gran tradición termal, procede da expresión latina ((aquas) cálidas, xa documentada como topónimo nos primeiros anos da Nosa Era polo xeógrafo grego Ptolomeo, quen fala dunha cidade chamada Augas Cálidas. Outros topónimos desta clase son os de Caldelas de Tui (diminutivo de cálidas), Castro Caldelas, Ponte Caldelas, Río Caldo, etc.

-> Barbanza, Barbesa, Barbantiño, Barbaña, Barbacán, Baroña, Barosa:
Coa partícula *bar (precéltica) (depresión, costa, desnivel, profundidade).

->Barco:
Base quizais céltica *barc ou *barg (quizais proveniente de *bar), que debeu significar (concavidade, altura, costa). O mesmo significado supoñémoslle a Barcia, Barxa ou Barxas: étimos asociados as cuncas ou valgadas fluviais; outros topónimos desta familia son os de Barxamaior, Barxacova, Barxela, Barxelas, Barxiela, Barciela, Barcias Barcenal, Barcés, etc.

-> Batán:
Vén da voz latina battuere (bater, golpear) O batán era un aparello movido pola enerxía hidráulica que servía para bater, desengraxar e apertar o liño ou a la.

-> Belvis:
De Bellum visum (Boa vista, vista alegre).

->Bembibre: "Bene vivere" Parece significa lugar ou sitio de ben vivir, e sinalarían asentamentos que ofrecerían boas condicións agrarias. Comezando polo adverbio ben, como Bembibre, temos o topónimo Bemposta que parece referirse a un lugar ben situado, edificado ou posto nun lugar prominente.

-> Bergantiños: Parece un antigo topónimo étnico con referencia aos brigantinos ou brigantes, que segundo o significado do vocábulo céltico *briga (altura, fortificación, fortaleza, castro), faría alusión aos habitantes das montañas, das alturas, ou mellor, dos castros.


-> Brigos:
Da raíz céltica *berg (monte, altura). Da mesma raíz El Bierzo antigamente "Bergido" ou "val Bergidense".


miércoles, 9 de noviembre de 2011

Toponimia II

-> Ambroa: Lembra a tribo ou pobo antigo dos ambróns, tamén chamados ligures. Fálanos da presencia dun pobo precelta afín aos ligures.

-> Anllóns: (latín: angulus) Refírese aos ángulos e meandros que ten a conca do río.

-> Aranga, Arantón, Arán, Arabexo, Aro, Ara, Arangas, Aros, Arlés, Aranza, Arante: partícula preindoeuropea *ara (val, auga).

-> Arealonga: Vén de area longa. Fai alusión, neste caso, ao extenso e longo areal sobre o que se asentaron as comunidades de pescadores de Vilagarcía. De area : Areal, Areas, Areeiro, Areíña, Areosa, Arnosa, Arnoso.


-> Arenteiro:
Latín argentariu derivado de argentum "prata". Isto fai pensar en antigas explotacións deste metal.


-> Armenteira, Armentón:
Do latín armentariam e esta de armentum (gando vacún).

-> Arnados, Arnoia, Arnela: Dunha antiga base *arn (concavidade, valgada, depresión).


-> Arteixo, Artes, Arteixiña e Artesas:
Viría dunha base preindoeuropea *ar ou *art, de significado a "concavidade". Haberá que lembrar o dobre significado da palabra "artesa", igual a "caixón" ou "arca de madeira" e "val de fondo plano e vertentes inclinadas".

-> Axeitos: Do latín adiactu (estar próximo).

-> Azougue: Procedente da voz árabe al-suq (zoco, mercado).