miércoles, 29 de abril de 2009
A palabra do día
De tirar + rolla (latín : rotula ‘rodiña’).
Instrumento para extraer os tapóns de cortiza das botellas
martes, 28 de abril de 2009
CUANTIFICADORES E IDENTIFICADORES
1.- Cuantificadores.
algún, algunha, algúns, algunha
abondo, abonda, abondos, abondas
alguén
moito, moita, moitos, moitas
algo
ben
ningún, ningunha, ningúns, ningunhas
demasiado, demasiada, demasiados, demasiadas
ninguén
máis
nada
menos
ren ou res
tanto, tanta, tantos, tantas
un, unha, uns, unhas
todo, toda, todos, todas
varios, varias cada; cada cal; cadaquén
pouco, pouca, poucos, poucas
ambos, ambas; entrambos, entrambas
bastante, bastantes
2.- Identificadores.
outro,outra, outros, outras
calquera; quenquera
tal, tales
mesmo, mesma, mesmos, mesmas
propio, propia, propios, propias
o demais, a demais, os demais, as demais
o máis, a máis, os máis, as máis
certo,certa, certos, certas
determinado, determinada, determinados, determinadas
Contraccións
Algún e outro, cos seus femininos e plurais, contraen coas preposicións en e de: nalgún, nalgunha...; dalgún, dalgunha...; noutro, noutra...; doutro, doutra.... Con alguén e algo non se marca contracción na escrita.
Se o cuantificador ou o identificador está iniciado por un(s), unha(s) ou por o(s), a(s) (uns cantos, un pouco, o demais, o máis, ...) as contraccións son as indicadas para os artigos.
O indefinido un(s), unha(s), cando actúa como adxectivo, presenta as mesmas contraccións ca o artigo indeterminado: falounos duns problemas que non demos entendido. Cando se usa como pronominal xeralmente represéntase a contracción coas preposicións de e en, dando lugar ás formas dun(s), dunha(s), nun(s), nunha(s): están sempre a falar mal dun; por contra, non se representa na escrita a contracción coa preposición con: tanto se comprometía con un coma con outro.
lunes, 27 de abril de 2009
A palabra do día
Do lat. porca ‘peza con cavidade roscada’.
Peza cilíndrica ou prismática con cavidade roscada que se adapta a un parafuso.
viernes, 24 de abril de 2009
A palabra do día
De cegoña: latín: ciconia, por comparación co longo pescozo da cegoña + suf. –al, "relación, pertenza".
Mecanismo formado por un eixe disposto en forma de cóbado dobre, que transforma o movemento alternativo das bielas en movemento de rotación do eixe
jueves, 23 de abril de 2009
A palabra do día
Estrutura que consta dun asento suspendido sobre dúas cordas ou cadeas penduradas dunha barra horizontal, que se emprega para moverse cara adiante e cara atrás.
Sin.: Acaneadoiro, arrandeadoiro, balancín, bambán, bimbastro, carrandiola, carriola, dindán, randea.
miércoles, 22 de abril de 2009
PERÍFRASES VERBAIS
Perífrases con valor temporal
futuridade | Ir + infinitivo | Vouno comer fabada. |
Haber (de) + infinitivo | Heino buscar aínda que non o encontre. | |
inminencia | Haber (en pretérito) (de) + infinitivo | Houbeches partir unha perna. |
Querer + infinitivo | Parece que quere chover | |
Estar a / para + infinitivo | Os nosos pais están a / para chegar. |
Perífrases con valor modal
obrigación | Haber (de) + infinitivo Haber (impersoal) + que + infinitivo | Has de facer o que che manden. |
Hai que vixiar aos nenos. | ||
Ter + que + infinitivo | Tes que facer os deberes. | |
Ter + de + infinitivo | Tiña de ser así. | |
Deber (de) + infinitivo | Debe traballar máis e mellor. | |
hipótese | Haber (de) + infinitivo | Habemos rematar o mes que vén. |
Deber (de) + infinitivo | Debe ter máis de cen anos. | |
probabilidade | Poder + infinitivo | Esa casa pode caer calquera día. |
Perífrases con valor aspectual
imperfectiva | Andar + a + infinitivo | Andan a traballar día e noite. |
Ser + a + infinitivo | Todos son a dicir que estamos en crise. | |
Andar + xerundio | Andan mercando nas rebaixas. | |
Estar + xerundio | Estou estudando e non podo falar. | |
Levar + xerundio | Levo estudando toda semana. | |
Seguir + xerundio | Segue sendo tan troulán coma sempre. | |
Ir + xerundio | Xa vai comendo un pouco mellor. | |
Vir + xerundio | Veñen sendo da familia | |
perfectiva | Acabar + de + infinitivo | Acabo de saber que estás no paro. |
Deixar(se) + de + infinitivo | Deixa de andar de troula. | |
Dar + participio | Non dou rematado de preparar o exame. | |
Levar + participio | Levo viaxado moito. | |
Ter + participio | El xa ten feito das súas. | |
incoativa | Comezar / empezar + a + infinitivo | Comecei a traballar aos 20 anos |
Botar(se) / poñer(se) + a + infinitivo | Despois do xantar boteime a durmir. | |
Dar + en + infinitivo | Dende que veu o bo tempo dei en facer moitas máis actividades. | |
terminativa | Chegar + a + infinitivo | Chegou a xurar que el non fora. |
Vir + a + infinitivo | Ao final veu a saberse a verdade. | |
Acabar + por + infinitivo | Acabou por chorar. | |
reiterativa | Volver + infinitivo | Volvín caer no mesmo charco |
Ter + participio | Temos estado moitas veces en Ourense |
transitivos,que aparece concordando co seu obxecto directo non é
perífrase verbal: Decatouse de que tiña chantados os ollos.
lunes, 20 de abril de 2009
A Palabra do día
Zafra pequena de aceiro ou ferro, provista dunha longa barra que permite fixala e con dúas puntas laterais opostas, que facilita traballos como bater e modelar os metais.
jueves, 16 de abril de 2009
Uso do infinitivo persoal/conxugado/flexionado.
Unha das características do galego é a de posuír un infinitivo flexionado que é portador
dun morfema de persoa
1.1.- Debe usarse:
Sempre que o infinitivo vaia introducido por unha preposición e non forma
parte de perífrase verbal.
Cando o infinitivo ten un suxeito propio, diferente o do verbo principal.
1.2.- Non pode usarse:
Cando ten o mesmo suxeito que o verbo antecedente do que depende ou nas
perífrases verbais.
Cando non ten un suxeito determinado nin posibilidades de telo.
Cando un complemento átono do outro verbo fai de suxeito do infinitivo.
A PALABRA DO DÍA
(Do lat. pneumaticus, e este do gr. πνευματικός, relativo ao aire).
1. adx. Que funciona con aire ou outro gas. Martelo pneumático
3. f. Fís. Estudo dos gases.
miércoles, 15 de abril de 2009
A PALABRA DO DÍA
1. Filos. e Sociol. Estado do individuo que, por factores de tipo económico, político, relixioso, etc., está privado das súas propias características, do seu modo de pensar e de ser e do sentido crítico ante a sociedade.
2. Psiq. Estado do individuo que ten as facultades mentais perturbadas, o que o incapacita para desenvolverse na sociedade. Demencia, loucura.
martes, 14 de abril de 2009
Verbos que non son pronominais en galego
Estes son algúns dos que non se deben empregar con pronome reflexivo:
abrandar, adormecer,afrouxar, almorzar, apodrecer, apurar, atrasar, baixar, caer, calar, cargar, casar, cicatrizar,coller, comer, curar, deixar, demorar, desfondar,desinchar, dislocar, enfermar, escapar,escordar, esperar, espertar, estreitar, fracturar,inchar, incrementar, marchar,merendar, morrer, parar, quedar, rachar, rebentar, recordar, rir, romper,sentar, sorrir, terminar,tropezar,xogar...
miércoles, 8 de abril de 2009
A PALABRA DO DÍA
Usar un nome diferente do propio é, dalgún xeito, mentir. O termo pseudónimo formouse a partir do grego pseudés 'mentireiro', 'falso' e de onoma 'nome', este tamén achado en onomástico, homónimo e anónimo, entre moitos outros vocábulos da nosa lingua.
lunes, 6 de abril de 2009
Verbos Irregulares VI
Valer
INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
vallo | valía | valla | |
vales | valías | vallas | vale |
vale | valía | valla | |
valemos | valiamos | vallamos | |
valedes | valiades | vallades | valede |
valen | valían | vallan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
valín | valera | valese | valer |
valiches | valeras | valeses | valeres |
valeu | valera | valese | valer |
valemos | valeramos | valésemos | valermos |
valestes | valerades | valésedes | valerdes |
valeron | valeran | valesen | valeren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
valerei | valería | valer | INF. |
valerás | valerías | valeres | valer |
valerá | valería | valer | XER. |
valeremos | valeriamos | valermos | valendo |
valeredes | valeriades | valerdes | PART. |
valerán | valerían | valeren | valido |
Conxúgase da mesma manerira que valer o derivado equivaler.
Ver
INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
vexo | vía | vexa | |
ves | vías | vexas | ve |
ve | vía | vexa | |
vemos | viamos | vexamos | |
vedes | viades | vexades | vede |
ven | vían | vexan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
vin | vira | vise | ver |
viches | viras | vises | veres |
viu | vira | vise | ver |
vimos | viramos | vísemos | vermos |
vistes | virades | vísedes | verdes |
viron | viran | visen | veren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
verei | vería | vir | INF. |
verás | verías | vires | ver |
verá | vería | vir | XER. |
Veremos | veriamos | virmos | vendo |
veredes | veriades | virdes | PART. |
verán | verían | viren | visto |
Conxúganse igual os derivados motivados: entrever, prever, rever. Prover conxúgase como ver nos tempos do tema depresente e nas formas nominais (provexo, provés...; provía...; proverei...), mentres que nos tempos do tema de perfecto tende a facerse regular: provín, proviches,proveu, provemos, provestes, proveron; provera, etc.; provese,etc.; prover, etc.
Vir
INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
veño | viña | veña | |
vés | viñas | veñas | ven |
vén | viña | veña | |
vimos | viñamos | veñamos | |
vindes / vides | viñades | veñades | vinde / vide |
veñen | viñan | veñan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
vin | viñera | viñese | vir |
Viñeches | viñeras | viñeses | vires |
veu | viñera | viñese | vir |
Viñemos | viñeramos | viñésemos | virmos |
viñestes | viñerades | viñésedes | virdes |
viñeron | viñeran | viñesen | viren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
virei | viría | viñer | INF. |
virás | virías | viñeres | vir |
virá | viría | viñer | XER. |
viremos | viriamos | viñermos | vindo |
viredes | viriades | viñerdes | PART. |
virán | virían | viñeren | vido |
Conxúganse igual os derivados de vir (advir, convir,contravir, desconvir, devir, desavir, intervir, previr, provir, reconvir, sobrevir), aínda que no tema de perfecto algúns deles tendan a conxugarse polo modelo regular
A PALABRA DO DÍA
1. Que está nunha situación de descanso, que está libre de tensións. 2. fig. Que é menos estrito ou rigoroso do que debía ser. 3. Sen ondas nin rizos [cabelo]. Sin. liso.
Os romanos empregaban o adxectivo laxus para cualificar algo que fose grande, extenso, amplo, frouxo ou solto. Laxus provén de liquor, liquoris (co cambio do i por un a, chamado apofonía, moi frecuente no latín) que significaba 'líquido', un estado da materia indubidablemente máis relaxado que o sólido.
De aí formouse o verbo relaxare, co sentido de 'relaxar', 'afrouxar', 'soltar'. Relaxare arcum (desarmar a corda dun arco), relaxare alvus (descargar o ventre), de onde provén laxante; relaxare tristem vultum (afrouxar o aspecto tenso, para darlle unha expresión tranquila ou relaxada).
Ademais de líquido, de liquor deriva licor, entre moitas outras palabras. En economía e finanzas, liquidez é a propiedade dun ben de ser facilmente convertible en diñeiro e, por extensión, aplícase tamén os activos en efectivo, tales como papel moeda, depósitos bancarios e os títulos ben cualificados.
miércoles, 1 de abril de 2009
A PALABRA DO DÍA
Peza de metal, xeralmente en forma de disco e acuñada cos distintivos elixidos pola autoridade emisora para acreditar a súa lexitimidade e valor. Tamén, por extensión, billete ou papel de curso legal. O termo provén do nome do lugar onde se acuñaba moeda en Roma: unha casa situada á beira do templo da deusa Xuno Moneta, baixo cuxa protección estaba. O escritor latino Livio Andrónico deulle á deusa este sobrenome, Moneta, despois de que os gansos que vivían ao redor do templo, no monte Capitolio, advertisen cos seus grallos aos romanos dun ataque dos galos. Avisar, en latín, é monere (de onde proveñen admonición e monitor) e por iso, a deusa, á que se atribuíu o aviso dos gansos, foi chamada desde entón Xuno Moneta. Como o seu templo estaba á beira do lugar onde se fundían os denarios (de aí, diñeiro), as moedas tomaron ese nome.
Bibliografía: Ricardo Soca ( Periodista, editor de "La Página del Idioma Español y de La palabra del día").