lunes, 12 de enero de 2009

Dobretes


á parte: Locución adverbial sinónima de ‘agás’ e ‘excepto’. Tamén pode facer referencia á situación apartada ou separada.

aparte: Substantivo que indica o que se di ou se fai á parte, especialmente na representación teatral. As taxas esixidas aos alumnos, *aparte / á parte das taxas de matrícula fixadas con carácter xeral, poderán experimentar en cada curso académico un incremento inferior ou igual ao índice da vida correspondente ao ano anterior.

aboar: Pagar o que se debe.

abonar: Inscribirse ou inscribir a alguén mediante pagamento para ter dereito a algún servizo; subscribir.

Estes erros deben ser evitados dado que non serán *abonadas / aboadas aquelas enquisas que non poidan ser procesadas debido a unha realización deficiente.

achegar: Poñer unha cousa a carón de outra.

aportar: Chegar a porto unha embarcación.

Con antelación suficiente ao período de matrícula, o estudante afectado pode solicitar que o seu caso sexa examinado pola Comisión de Permanencia e *aportar / achegar toda a documentación que se lle requira.

así mesmo: Da mesma maneira, tamén.

asemade: Simultaneamente, ao tempo. Conxuntamente, á vez. Tan pronto como, así que, en canto.

Asemade non pode utilizarse co valor de ‘ademais’ ou ‘tamén’.

As facultades do presidente do Consello poderán ser conferidas mediante apoderamento do dito presidente. *Asemade / Ademais, o presidente do Consello poderá convocar ás súas sesións a calquera persoa que o estime oportuno.

bolsa: Subvención ou axuda complementaria para a realización de estudos, viaxes ou calquera actividade intelectual.

beca: Vestidura talar negra usada polos maxistrados. Insignia dos estudantes de colexios maiores universitarios.

Estudaranse os mecanismos de concesión de *becas / bolsas ou facilitarase que os alumnos/as poidan realizar unha estancia práctica en Vigo baixo a dirección dos responsables académicos da Universidade.

concreto: Dise do que non é xeral, senón que é preciso e determinado.

puntual: Que fai as cousas ao seu tempo, no momento sinalado.

Enténdese que un mal rendemento *puntual / concreto non debe estragar o esforzo global no conxunto da titulación.

data: Indicación do tempo no que se fai ou sucede algo.

fecha: Grolo, cantidade pequena de líquido que se inxire dunha soa vez.

Que para os fins deste acordo asina na *fecha / data abaixo indicada.


desenvolvemento: Conxunto de etapas polas que pasa un organismo ou calquera outra cousa durante a súa existencia.

desenrolo: Acción de estirar algo que está enrolado. Desenrolo non pode utilizarse co valor de ‘realización’, ‘avance’. ...nas disciplinas científicas e culturais máis directamente relacionadas co *desenrolo / desenvolvemento socioeconómico rexional e nacional.

enderezo: Domicilio dunha persoa.

dirección: Camiño que un corpo segue no seu movemento.

Que para os fins deste acordo sinala como a súa *dirección / o seu enderezo a Rúa O Porto 1, 36200, Vigo.


estremo, -a: Límite dunha propiedade.

extremo, -a: Límite o que pode chegar unha cousa.

investir: Empregar capitais en negocios para quitar un proveito.

inverter: Dar volta a unha cousa. É incorrecto usalo co significado de ‘empregar cartos’.

Neste proxecto vaise *inverter / investir a cantidade de 8.300 euros.

isto, iso, aquilo: Demostrativos.


elo: Forma neutra do pronome de terceira persoa que no galego moderno só se conserva nalgunhas frases feitas. Nunca pode aparecer coa función de suxeito.

O director ou o delegado da universidade no centro poderá decidir, se aprecia causa suficiente *para elo / para iso, a non formalización da acta dunha materia ou disciplina.


mozos, mocidade, novos: Persoas que aínda non chegaron á idade adulta.

xoves: Quinto día da semana.

Con esta medida preténdese ampliar o horario das bibliotecas para que os *xoves / mozos universitarios teñan máis tempo para utilizar os seus servizos.


tratar: Tomar como obxecto de estudo, discusión ou análise.

abordar: Rozar ou chocar unha embarcación con outra.

Estas normas, baseadas na reponsabilidade e flexibilidade, constitúen o medio que permite *abordar / tratar en conxunto aspectos anteriormente comentados.


vila: Núcleo de poboación.

pobo: Conxunto de persoas dunha poboación.

A matrícula deste congreso inclúe unha excursión por varios *pobos / vilas mariñeiras do litoral galego.

O XERUNDIO

O xerundio caracterízase polas terminacións “–ndo” (“cantando”, “comendo”, “vivindo”).
Pode utilizarse nas perífrases (“Se vós quedades, nós imos indo”) ou como adverbio (“Tiña présa e marchou correndo”).
O xerundio posúe un rango aspectual imperfectivo a súa función fundamental é a de modificar adverbialmente ao verbo.

Usos do xerundio correctos

Xerundio modal: Indica o modo en que se realiza a acción principal. Marchou correndo
Xerundio temporal: Indica contemporaneidade entre a acción principal e a do xerundio. Estando no seu despacho, caeu desmaiado
Xerundio durativo ou de continuidade: Indica continuidade nunha acción. Está redactando un moi bo proxecto
Xerundio inmediatamente anterior á acción principal: Indica que a acción ten lugar inmediatamente antes á acción principal. Levantándose de súpeto, escapou a correr
Xerundio condicional: Indica condición. Estando enferma, o mellor é que non veñas traballar
Xerundio causal: Indica causa. Coñecéndoo como o coñezo eu, non creo que minta
Xerundio concesivo: Indica concesión. Ventando como venta, iría recollerte á oficina
Xerundio explicativo: Introduce unha explicación. O departamento, comprobando o éxito que tiña a obra, fixo unha nova edición.

Usos incorrectos
Xerundio de posterioridade: A acción expresada polo xerundio é posterior á acción principal (e o xerundio só pode expresar simultaneidade ou anterioridade)
*Entrou abrindo a ventá de par en par
*Recolleu a folla de inscrición ás 10.00 h, entregándoa no rexistro ás 11.15 h
Xerundio como complemento do nome: É incorrecto o uso do xerundio como complemento dun nome que funciona como complemento indirecto ou complemento circunstancial. Este uso do xerundio provoca ambigüidade
*Entreguei a solicitude no 2.º andar a unha rapaza falando por teléfono
Xerundio con valor de adxectivo especificativo: É incorrecto o uso do xerundio dun verbo que non expresa acción en función de complemento do nome. Este uso é un galicismo
*Decreto nomeando delegado de Educación

lunes, 29 de diciembre de 2008

Abonar, Aboar, Estercar e Fertilizar

Temos que ter claras as diferenzas que existen entre estes catro termos.

abonar
. v.t. 1. Facer que [alguén] adquira o dereito, mediante pagamento, de poder concorrer [a algo] ou recibir [algún servizo periodicamente]. Abonouno a unha publicación semestral. // v.p. 2. Adquirir o dereito, mediante pagamento, de poder concorrer [a algo] ou de recibir [algún servizo periodicamente]. Abonouse a unha revista literaria. Abonouse á tempada de ópera. SIN. subscribir(se).

aboar
. v.t. 1. Probar a certeza ou realidade de [algo]. Este documento aboa a súa identidade. SIN. acreditar, garantir. 2. Pagar [a cantidade correspondente] [por unha venda, un préstamo, etc.]. Aboou o segundo prazo das taxas académicas.

esterca
r. v.t. Botar esterco a [unha terra]. Estercaron a leira antes de a sementar.

fertilizar
. v.t. Facer fértil ou máis fértil [unha cousa, particularmente a terra], por medio de fertilizantes. Fertilizan as leiras con esterco.

A diferenza entre
esterco e fertilizante é que o esterco sempre está composto por materias orgánicas mentres que o fertilizante pode estalo ou non, xa que hai fertilizantes químicos.

SUFIXOS E TERMINACIÓNS


1. En galego rematan en –zo, -za: andazo, aprezo, avinza, benquerenza, cansazo, cobiza, crenza, destrenza, desprezo, diferenza, doenza, espazo, estanza, finanza, Galicia, Galiza, graza, inxustiza, licenza, mantenza, menosprezo, nacenza, novizo, perseveranza, pertenza, (xunto ao cultismo pertinencia, con significado diferente), postizo, preguiza (preguiceiro, preguizoso), presenza (pero presenciar), prezo (desprezo, denosprezo, prezar, desprezar; pero aprecio, apreciar), prexuízo, querenza, sentenza (pero sentenciar), servizo (servizal), tenza, terzo, xuízo, xustiza.

2. Levan –zón: doazón, razón, sazón, torzón, traizón, …

3. É normativo a solución –ble ou –bel: amable ou amable, apetecible ou apetecíbel…

4. Terminacións: -eo, -eu e –au: chapeu, romeu, xubileu, xudeu, bacallau, pau

5. Escríbense con –o as voces currículo, espírito, memorando e referendo, ímpeto, tribo.

6. Terminación –án:

a. *Masculino en –án /feminino –á: afgán, alazán, aldeán, alemán, ancián, artesán, barregán, bosquimán, capitán, catalán, chan, cidadán, cirurxián, comarcán, concidadán, cortesán, cotián, cristián, curmán, ermitán, escribán, gran, insán, irmán, livián, louzán, malsán, marrán, musulmán, nugallán, pagán, rufián, sancristán, san, sultán, tecelán, temperán, temporán, truán, van, vilán.

b. *Seguen este modelo os xentilicios: castelán /á, coimbrán /á e os referidos a entidades de poboacións galegas: aresán /á, bergantiñán /á, ferrolán /á, fisterrán /á... c. *Levan terminación –ano (fem. –ana) os cultismos e outras palabras como: africano, americano, anglicano, arcano, artesiano, asturiano, australiano, bacteriano, boliviano, colombiano, cubano, decano, diluviano, franciscano, fulano, gregoriano, hispano, humano, italiano, lusitano, luterano, mahometano, meridiano, metropolitano, miliciano, mundano, oufano, paisano, peruano, profano, provinciano, puritano, republicano, romano, rosaliano, semana, soberano, tirano, transmontano, urbano, valenciano, veterano, vexetariano, xermano.

d. *Masculino –án / feminino –ana: Só os pexorativos: burrán, cacholán, pailán, folgazán…

7. Masculino –ón /feminino –oa: Substantivos e adxectivos en que –ón non pode analizarse como sufixo: anfitrión/anfitrioa, bretón/bretoa, campión/campioa, ladrón / ladroa /ladra, león / leoa, patrón/patroa, saxón/saxoa, teutón/teutoa…

8. Masculino ón / feminino –ona: Só aumentativos ou pexorativos: mullerona, casona, abusona, acusona, faltona, preguntona

9. Terminación –de: almude, alude, ataúde calamidade, céspede, hóspede, laúde, parede, rede, saúde, sede, soidade, verdade, virtude, …

10.Terminacións –dade, -tade: verdade, herdade, bondade, crueldade, lealdade, mortaldade, cidade, soidade, puridade, novidade, enfermidade, piedade, notoriedade, propiedade seriedade, solidariedade, contrariedade.

11. Terminacións –aría / -ería este sufixo indica o lugar ou onde se fabricaban cousas, onde se venden ou onde hai abundancia delas. Debe dárselle preferencia a solución –aría: armaría, bruxaría, carnizaría, papelaría...Presentan a forma –ería: galería, galantería ou mercería.

viernes, 26 de diciembre de 2008

GRUPOS CONSONÁNTICOS

Mantéñense os grupos formados por dúas consoantes que pertencen a sílabas distintas, sempre que non se trate dunha consoante dobre: obxecto, apto, administrar, atmosfera, magma, nafta, himno.
Mantéñense en xeral os grupos de dúas consoantes explosivas: ctenóforos, gnomo, pneuma, psicópata, atlas, ínclito, perplexo.
En posición implosiva normalmente non se admite grupos de dúas consoantes, salvo cando a segunda é s: obsceno, adscribir… Algúns préstamos estranxeiros manteñen as dúas consoantes a final de silaba: zinc, round, lord, cámping, iceberg, test…

-> Os grupos bl, cl, fl, gl, pl, tl mantéñense inalterados nos cultismos e nos préstamos recentes. As palabras latinas semicultas e algúns préstamos antigos mudaron o l en r: aprazar, Branco, brando, brasón, compracer, cravar, cravo, cravuñar, cumprir, dobrar, emprazar, empreñar, escravo, fraco, fraqueza, frauta, frecha, fretar, frouxo, igrexa, nobre, obrigar, pracer, praga, praia, prata, prato, praza, prazo, preamar pregar, preito, soprar,..

-> Os grupos bc, bd, bm, bn, bs, bt, bv e bx mantéñense sempre sen alteración: abdicar, abdome, abnegar, absolutismo, obcecar, obvio, obter, obxecto, subxugar…

-> O grupo bs+consoante na escrita débese manter: abstemio, absterse, abstracto, obsceno, substantivo, substituto… Pero: subtraer, subtracción, subtraendo

-> Os grupos –ct- e –cc-: Mantéñense cando preceden as vogais a, e, o; suprímese a primeira consoante nos dous grupos cando os preceden as vogais i, u: adución, adutor, aflición, aflito, Benedito, condución, conduta, condutor, conflito, constrición, construción, construtor, contrición, dedución, dedutivo, delito… Agás: adicción, adicto, amicto, anfictión, anfictionia, apodíctico, convicción, convicto, deíctico, dicterio, dicción, dúctil, ductilidade, ducto, edicto, eructar, eructo, evicción, ficción, ficticio, flictena, fricción, friccionar, ictericia, ictérico, ictiografía, ictioloxía, ictiomancia, indicción, invicto, lictor, micción, nictalopía, pictografía, pictográfico, pictograma, pictórico, ricto, succión, succionar, veredicto, vindicta.
Como caso especial destes grupos non se debe esquecer que hai algúns semicultismos con vocalización da consoante implosiva en u ou en i: doutor, doutrina, suxeitar, suxeito, reitor, seita (sectario, sectarismo).

-> Os grupos cn, -cd-, -gm-, -gn-, gn, mn-, -mn-, -nm- … consérvase en todos os casos nos cultismos: acne, arácnidos, anécdota, sinécdoque, agnóstico, apotegma, benigno, diafragma, gnose, gnóstico, alumnado, amnesia, columna, damnificar, himno, inmenso, ximnasio...

-> Os grupos –mm- e –nn- simplificouse en –m- e en –n-. Con todo, convén escribir con –nn-: connubio, enneágono, perenne...

-> O grupo –ns- mantense sen reducir: circunscrición, circunstancial, instrutor...

-> Os grupos –pc-, -pn-, -ps- e –pt-: mantense nos cultismos: abrupto, aceptar, adaptar, apto, eclipse, epiléptico, hipnose, eucalipto, nupcial, tríptico... Perden o primeiro elemento do grupo –pc-, ou –pt- : adscrición, adscrito, cativar, catividade,cativo, cetro, circunscrición, descrición, ditongo, escrito, indescritible, inscrición, manuscrito, setembro, setentrión, subscritor, transcrición, tritongo...

-> Consoante + pc, consoante + pt, pérdese sempre a consoante intermedia –p-: asunto, escultor, exento, redentor, suntuoso...

-> Os grupos pn-, ps-, pt- aparecen en posición inicial en palabras cultas: pneuma, pneumático, pneumonía, pseudónimo, psicanálise, psicoloxía, pterobranquiado, pterodáctilo, pterópodo...

-> O grupo –sc- consérvase o grupo nas palabras cultas: adolescencia, ascensor, consciencia, descender, disciplina, escindir...

-> O grupo sc- simplificouse en c-: ciencia, cirro, cisma...

-> O grupo –st- é frecuente nas palabras patrimoniais. Un caso especial é a alternancia de formas do prefixo post-/pos-: escríbese post- cando vai seguido dunha base que comeza por vogal (postelectoral, postoperatorio); úsase pos- cando vai seguido dunha base que comeza por consoante (posclásico, posguerra...)

* As vogais e, o cando preceden a un grupo culto teñen o timbre aberto.

As Vogais Tónicas

/E/, /O/ aberto aparece

-> Cando no latín clásico era /ĕ/ breve, ou certos ditongos ( soe ditongar en castelán ) fEro, fErro, bEsta, tErra, fEsta, rOda, metu > mEdo, petra> pEdra, venit > vEn, septe > sEte, equa > Egoa, generu> xErno, caecu > cEgo, quaero > qUero, graecu > grego; co ditongo /ie/ , mulier > mullEr (pero pariete > parede, fechado).

-> Nos ditongos crecentes soe abrirse: frecuEnte, cuOta (neutralizado en /o/ pechado en posición átona final. ménguo)

-> As formas do tema do perfecto dos verbos irregulares: coubEmos, coubEra, coubEr (cabEr), dEches, dEra.... fixEches, FixEra, fixEmos (facEr)...... dixEches, dixEras.

->Verbos con alternancia vocálica

*1ª conxugac. Os verbos CEBAR, BOTAR... teñen sempre timbre aberto: En verbos como "levar": rizotónicas do Pres. Ind., Pres Subx., e Impert. son abertas

*2ª conxugac.: vogal radical /E/ ou /O/: e/E (beber) o/O (morrer):Presente de Indic P2ª, P3ª, e P6ª : Os verbos QUERER, QUECER, ESQUECER e PODER, teñen sempre timbre aberto.

*3ª conxugac.: Verbos con alternancia vocalica a vogal radical /E/ ou /U/:i/E (servir) u/O (durmir):Presente de Indic P2ª, P3ª, e P6ª

-> Os nomes das seguintes letras: E, Efe, Ele, Eme, Eñe, Erre, Ese, O.

-> Normalmente nas esdrúxulas, cultismos ou enpalabras novas: dirEcto, ´ Óbolo(pequena esmola), Óbice(obstáculo), Época.

-> Palabras rematadas en "-el"e "-ol" e os seus plurais "-eis" "-ois" : pEl, papEl, papEis, anEl, anEis. farOl, farOis



/e/, /o/ pechado aparece

-> Cando no latín clásico, tiñan /e/ longo, /i/ aberto, /o/ longo ou ditongo /oe/ (non soen ditongar en castelán): cheo <>enum, feo <>oedus, tona, rede. todo , boca

-> Nos ditongos decrecentes (todo /o/ tónico que vaia en ditongo con /u/): touro, tesouro, moito.

-> Nas palabras rematadas nos sufixos -edo (eza : rochedo, penedo, cortello, vencello guedello. Agás: vEllo, naturEza.

->As formas do tema do perfecto dos verbos regulares: comera, collemos, collera…

->Verbos con alternancia vocálica:

*1ª conxugación:

a) Os verbos QUITAR, VOTAR teñen sempre timbre pechado.

b) En verbos como "levar": arizotónicas do Pres. Ind., Pres Subx., e Impert. son pechadas

c) As formas dos verbos da primeira conxugación nos que a vogal /e/ ou /o/ vai seguida de /i/ ou consoante palatal "x", "ch", "ll", "ñ": deita, loita, despoxas, axexa, acochas, pechas, tellan, ollan, soñas, empeña; e nos verbos rematados en "-ear", "-oar" coxean, voas.

*2ª conxugación con vogal radical /e/ ou /o/:

a) No Imperat. e no Pres.de Subx.

b) Nas 1ª, 4ª, e 5ª persoa dos presente de indicativo.

c) Os verbos DEBER, CRER e LER teñen sempre timbre pechado.

*3ª conxug. con vogal radical /E/ ou /U/: i/E (servir) u/O (durmir) no Pres. de Ind. P1ª, P4ª, e P5ª, e demais tempos.

-> Os nomes das seguintes letras:: be, ce de, gue, te, xe, zeta.

-> As formas do tema do Perfecto dos verbos SER, IR: fomos, fora, fose, for...

-> As formas de infinitivo: coller, collermos, pór, pormos...

-> Os nomes que rematan en -ón (camión), -or (comedor), -oso (xeitoso).

-> As agudas rematadas en "-es": Santiagués, tres. Portugués; agás: es (ser), tes (ter), través, revés, mes (cereal), vés (vir)

* Casos especiais de acentuación que se deben lembrar

-> Son agudas


Alfil, chofer, zeppelín, popurrí, quefir, radar, sonar


-> Son graves


Acne, albumina, argon, arquidiocese, ástur, atmosfera, bérber, celtibero, ciclope, conclave, cuadriga, diocese, elite, hemiplexía, heroe, ibero, karate, lígur, medula, mísil, neon, paraplexía, parasito, paxaro, pelicano, pénsil, pentecoste, prénsil, réptil, támil, tetraplexía, téxtil, traquea, vertixe, xermolo


-> Son esdrúxulas


Aerólito, alvéolo, amálgama, anódino, auréola, bronquíolo, cardíaco, cóengo, décatlon, eléctrodo, electrólito, endócrino, espécime, gladíolo, isóbara, óboe, olimpíada, péntatlon, período, perístilo, petróglifo, rícino, rubéola, térmite, termóstato, tríatlon, xeróglifo, xílgaro