-> Courel: É un topónimo que debe provir do prerromano *cor "pedra altura, pedrosa", parecida á base preindoeuropea mediterránea *kar, "pedra". Emparentados con Courel están os topónimos Coiro, Coirón, Coirós, Coira, Coiradas, Coiral, Coirás, etc.
-> Couto: Do latín "caetum" lugar cercado.
-> Curtis: Do latín tardío "corte" espazo pechado.
-> Chousa: Do latín *claudere, cerrar. Chousa sinala antigos terreos pechados. Derivados: Chousal, chousela, chousiña, chouso, chousura.
-> Devesa: Do latín "terra defensa", terra acoutada.
-> Eirexa/Irixoa: Do latín "ecclesiam/ecclesiolam", igrexa, igrexa pequena.
-> Esteiro: Do latín "aestuariu" que procede da voz tamén latina "aestus", marea, axitación (da auga).
Ola Dilaida, podias dicirme a orixen e significado do topónimo Serantes?
ResponderEliminarBicos