jueves, 20 de agosto de 2009

terreos/leiras/hortas/predios

"Terreo" empregarémolo como extensión de terra que se emprega para determinados fins (cultivar, construír, etc).
"Leira" é a terra de labradío, a porción de terreo cultivado.
"Hortas" son terreos de pouca extensión, xeralmente moi próximas á casa, dedicado ao cultivo de legumes, hortalizas e árbores froiteiras.
"Predio" para referirnos a calquera propiedade, tanto rural como urbana.

martes, 18 de agosto de 2009

A palabra do día

Poxar:
lat v *podiāre

1 v t Vender algo nunha poxa.
2 v i Ofrecer unha cantidade superior á anterior da poxa para obter o produto.

viernes, 14 de agosto de 2009

gran/grande, san/santo



Debemos empregar "gran" cando a continuación temos un substantivo que comeza por consoante e "grande" nos demais casos. "San" débese empregar diante dos nomes propios que comezan por consoante (San Bieito), mentres que "santo" debémolo empregar diante dos nomes que comezan por vogal (Santa Ana).

lunes, 10 de agosto de 2009

A palabra do día

Baralla:

1 f XOGO Conxunto de naipes que se utilizan para varios xogos. Colle a baralla, que xogamos unha brisca.
2 f Discusión entre varias persoas. Liorta entre varias persoas. Meteuse na baralla e chegou todo esfarrapado.
SIN. lea, rifa.



viernes, 7 de agosto de 2009

Dúbidas léxicas:

Almohadilla*:
O termo galego para a "tecla almohadilla" é "pulsador cadrado".


Accésits*
:
A palabra latina "accésit" considérase invariable en canto ao número. Así débese poñer: o accésit, os accésit.


Acuse de recibo*:
En galego debemos utilizar a forma "xustificante de recepción"

miércoles, 5 de agosto de 2009

Dúbidas sobre o léxico

Os sufixos -aría/-ería:
A normativa do galego, aprobada no 2003 dá como preferenciais as formas rematadas en -aría, se ben as rematadas en -ería non son consideradas incorrectas. De todos os xeitos hai unha serie de palabras que rematan sempre en -ería: batería, bixutería, coquetería, disentería, galantería, isomería, leprosería, mercería, masonería, pedantería.

libraría ou librería, pescadería ou pescadaría ...

lunes, 3 de agosto de 2009

A palabra do día

Morgado -da
lat v *maioricātu"


1 s Fillo maior herdeiro dos bens familiares que pertencen á familia.

2 s p ext Fillo único.

3 s m Patrimonio dunha familia que herda o fillo maior.

4 s m HIST Institución surxida no s XII en Castela que establecía que un determinado número de bens do patrimonio familiar era considerado unha unidade inalienable e outorgaba a totalidade destes ao primoxénito, co fin de evitar o reparto de terras e o consecuente debilitamento das familias máis poderosas. Foi abolido en 1828.

SIN: vinculeiro.