lunes, 9 de marzo de 2009

OS VERBOS II

Son regulares: os verbos acabados en -cer (menos facer), -cir (menos dicir):

nazo, parezo, aparezo, renazo, conduzo, reduzo, produzo ... (1 ª presente de indicativo)
naces, pareces, apareces, renaces, conduces, produces ... (2ª presente de indicativo)
naza, pareza, apareza, renaza, conduza, produza ... (1ª presente de subxuntivo)
nacín, parecín, reducín, producín, conducín ... (1º pretérito)
reduciras, conduciras, produciras ... (2ª antepretérito)


Son da segunda conxugación, entre outros moitos, os seguintes verbos:

bater (combater, debater, rebater ...), correr (concorrer, escorrer, ocorrer, percorrer, transcorrer ...) derreter, fender, ferver, render, rexer, romper (corromper, interromper, prorromper ...), verter (converter, perverter ...), xemer
Mais: advertir, divertir, tusir... son da 3ª

Verbos con alternancia vocálica no lexema.

a) Verbos que trocan o e en i en formas dos presentes e no imperativo :adherir, advertir, divertir, agredir transgredir, conferir, diferir, inferir, preferir, proferir, referir, transferir, competir repetir, concernir, discernir, espelir, espir, dixerir, inxerir, suxerir, inserir, medir, pedir, reflectir, vestir, investir, revestir.

mido, mides, mide, medimos, medides, miden (presente de indicativo)
mida, midas, mida, midamos, midades, midan (presente de subxuntivo)
mide, medide (imperativo)

b) Verbos que presentan e (semiaberto en posición tónica) ou i nos presentes e no imperativo : ferir, seguir, sentir, servir, mentir e derivados: perseguir, consentir, desmentir, etc.

firo, fεres, fεre, ferimos, ferides, fεren (presente de indicativo)
fira, firas, fira, firamos, firades, firan
(presente de subxuntivo)
fire, feride (imperativo)

c) Verbos con alternancia u / o no presente de indicativo: acudir, bulir (derivs.), cubrir (derivs.), cumprir (= precisar), cuspir, durmir, engulir, fundir (= render) fuxir, lucir (derivs.), mulir, muxir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, sumir (derivs.), xunguir, tusir, ulir, urdir, xurdir.

acudo, acodes, acode, acudimos, acudides, acoden (presente de indicativo)
acuda, acudas, acuda, acudamos, acudades, acudan (presente de subxuntivo)
acude, acudide (imperativo)

d) Verbos en -er que teñen -e- ou -o- como últimas vogais do lexema. Na 2ª, 3ª e 6ª do presente de indicativo presentan a vogal semiaberta:

bebo, bebes, bebe, bebemos, bebedes, beben
como, comes, come, comemos, comedes, comen

ler, crer, rir (reler, sorrir ...):

leo, les, le, lemos, ledes, len, (presente de indicativo)
le
a, lía, lerei, lería, lin, lera ... (outros)

caer, doer, moer, roer, oír, saír, derivados de traer... intercalan i nalgunhas formas:

caio, caes, cae, caemos, caedes, caen (presente de indicativo)
caia, caias, caia, caiamos, caiades, caian (presente de subxuntivo)
cae, caede (imperativo)
caía, caías, caía, caïamos, caïades, caían (copretérito)

saio, saes, sae, saímos, saídes, saen (presente de indicativo)
saia, saias, saia, saiamos, saiades, saian (presente de subxuntivo)
sae, saíde (imperativo)
saía, saías, saía, saïamos, saïades, saían (copretérito)

No hay comentarios:

Publicar un comentario