martes, 25 de octubre de 2011

Toponimia I

->Abelleira: Do latín Apiculam (abella).

->Abuín: Do latín avum /latín vulgar aus ( avó).

-> Abeledo
: Do latín abellanetum (lugar onde hai abeleiras)

-> A Graña
: Do latín villam graneam derivado de Grannum (onde se garda o gran).

-> Agolada: Do latín aquam latam (auga levada).

-> Agrela: Do latín agrum (campo). Este é o diminutivo de agra

-> Aguiar/Aguieira:
Do latín aquilam (aguia).

->Albedro
: Do latín arbutum (érbedo). Albidrón diminutivo de Albedro, Erbedal, Erbedeiro e Ervedelo (barrio de Ourense).

-> Alberguería : Deriva da voz gótica haribairgo (aloxamento).

-> Alén
: Do latín (ad) illinc (do outro lado) .

lunes, 18 de abril de 2011

As palabras do día

Cachizas.- Fragmentos, pedazos pequenos. SIN. Fanicos

Garatuxeiro.-
adx.
(1) Que fai demostracións excesivas de afecto.
(2) Que gusta de facer chanzas e diversións.
(3) Liorteiro.



Lorda
.-
f. Capa de sucidade que se forma sobre algo, por exemplo na pel das persoas por falta de hixiene, nas pezas de roupa polo continuo uso, na louza que non se lava ben, etc. SIN. Cotra, morriña.


Arfar
.-
v. i.
(1) Respirar con dificultade.
(2) Ansiar.

jueves, 7 de abril de 2011

Palabras do día

Axirir .- v. i. Chiar as aves.

Groucho
.-
s. m. (1) Grolo, trago de viño. (2) Cousa pequena e insignificante.
adx. (3) Dise dos meniños pequenos.
s. m. (1) Grumo. (2) Boliña de fío que se deixa en algunhas teas.



Vedoiro
.- s. m. (1) Bruxo adiviñador que predi o destino. (2) Espírito maligno.



Loaira
.- s. f. Raio de sol de duración breve. Lorada, raiola.



Cachimañas
.- s. f. pl. Artimañas, astucias.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Analfabetos



Como todo o que fixo, fai e fará, sexa coma o galego do anuncio, os vigueses non deberían estar tranquilos.


Queríades (sobra o acento): a 5ª persoa do copretérito de indicativo é queriades.

e o fixéchedes
: Nas oracións afirmativas simples o pronome vai despois do verbo; fixéchedes non existe esa forma en galego, o pretérito do verbo facer é: fixen, fixeches, fixo, fixemos, fixestes, fixeron. Como o suxeito é vós, será fixestes.
Polo tanto, o correcto será:
e fixéstelo.

Non existe ninguén no PSOE de Vigo que posúa uns mínimos coñecementos da lingua galega???
ou que a respete ???

lunes, 7 de febrero de 2011

O galego do noso goberno


Isto copieino desta dirección http://carballopequeno.blogspot.com/2011/02/xunta-despreza-nosa-normativa-e-polo.html


http://www.galega100x100.xunta.es/img/galicia-marca-a-diferencia.pdf

Pode o goberno da Xunta cometer erros na escrita nunha das linguas oficiais de Galiza???.

Podemos os galegos consentir que cos nosos cartos se asoballe así a nosa lingua???

No folleto promocional da marca 100% galego hai os seguintes erros:

Catro veces Diferencia o correcto é Diferenza

Constitue o correcto é Constitúe


Ademáis
o correcto é
Ademais


Comunitária
o correcto é
Comunitaria


P
roductos o correcto é Produtos


D
isfruta o correcto é Goza


lunes, 10 de enero de 2011

Constituíntes xuntos / separados


Constituíntes xuntos


->Adverbios: Acotío, adrede, amais (de), amodo, apenas, arreo, dabondo de contado, decontino, decote, decotío, deseguida, deseguido, devagar, disque, enseguida, entrementres, talvez.

->Numerais:
dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove, douscentos, trescentos, atrocentos…

-> Conque:
conx. consecutiva (= ‘polo tanto, daquela’)

-> Porque:
conx. causal

-> Porqué:
substantivo (= ‘motivo, razón’)

-> Senón:
conx. adversativa; preposición

-> Demais:
pronome


* Constituíntes separados


->Adverbios: a carón, á présa, a tempo, de certo, de repente, de súpeto, en fronte, en seguida

->Numerais: vinte e un,vinte e dous, vinte e tres, vinte e catro, vinte e cinco, vinte e seis, vinte e sete, vinte e oito, vinte e nove, trinta e un, ....

-> con todo: loc. conx. Adversativa (= ‘non obstante’)

-> des que: loc. conx. temporal

-> entre tanto:
loc. conx. temporal

-> polo tanto: loc. conx. consecutiva

-> con que: loc. conx. condicional (= ‘se’); prep. + pron. Relativo ou pron. interrogativo.

-> por que:
prep. + pron. interrogativo

-> se non:
conx. condicional ou completiva + adv. de negación

-> a máis:
artigo ou preposición + adv. de cantidade

-> de máis:
loc. adv. de cantidade (= ‘demasiado’); prep. + adv. de cantidade

viernes, 1 de octubre de 2010