lunes, 7 de febrero de 2011

O galego do noso goberno


Isto copieino desta dirección http://carballopequeno.blogspot.com/2011/02/xunta-despreza-nosa-normativa-e-polo.html


http://www.galega100x100.xunta.es/img/galicia-marca-a-diferencia.pdf

Pode o goberno da Xunta cometer erros na escrita nunha das linguas oficiais de Galiza???.

Podemos os galegos consentir que cos nosos cartos se asoballe así a nosa lingua???

No folleto promocional da marca 100% galego hai os seguintes erros:

Catro veces Diferencia o correcto é Diferenza

Constitue o correcto é Constitúe


Ademáis
o correcto é
Ademais


Comunitária
o correcto é
Comunitaria


P
roductos o correcto é Produtos


D
isfruta o correcto é Goza


lunes, 10 de enero de 2011

Constituíntes xuntos / separados


Constituíntes xuntos


->Adverbios: Acotío, adrede, amais (de), amodo, apenas, arreo, dabondo de contado, decontino, decote, decotío, deseguida, deseguido, devagar, disque, enseguida, entrementres, talvez.

->Numerais:
dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove, douscentos, trescentos, atrocentos…

-> Conque:
conx. consecutiva (= ‘polo tanto, daquela’)

-> Porque:
conx. causal

-> Porqué:
substantivo (= ‘motivo, razón’)

-> Senón:
conx. adversativa; preposición

-> Demais:
pronome


* Constituíntes separados


->Adverbios: a carón, á présa, a tempo, de certo, de repente, de súpeto, en fronte, en seguida

->Numerais: vinte e un,vinte e dous, vinte e tres, vinte e catro, vinte e cinco, vinte e seis, vinte e sete, vinte e oito, vinte e nove, trinta e un, ....

-> con todo: loc. conx. Adversativa (= ‘non obstante’)

-> des que: loc. conx. temporal

-> entre tanto:
loc. conx. temporal

-> polo tanto: loc. conx. consecutiva

-> con que: loc. conx. condicional (= ‘se’); prep. + pron. Relativo ou pron. interrogativo.

-> por que:
prep. + pron. interrogativo

-> se non:
conx. condicional ou completiva + adv. de negación

-> a máis:
artigo ou preposición + adv. de cantidade

-> de máis:
loc. adv. de cantidade (= ‘demasiado’); prep. + adv. de cantidade

viernes, 1 de octubre de 2010

jueves, 30 de septiembre de 2010

lunes, 17 de mayo de 2010

Día das letras galegas

O 17 de Maio, día das letras galegas, este ano están adicadas a Uxio Novoneyra.
Aí van uns enlaces que atopei na rede.


Poemas de Uxio Novoneyra

Videos de Uxio Novoneyra

Flora, fauna do Courel, poesía de Novoneyra

Escolma de poemas de Uxío Novoneyra

lunes, 22 de marzo de 2010

Pesos e medidas- I

Antes da introdución do sistema moderno, os líquidos e os áridos medíanse normalmente por capacidade, con recipientes de tamaño variable segundo as localidades. No caso dos áridos a medida tamén pode servir para a superficie, facendo o calculo de extensión de terra que se precisa para sementar unha determinada medida de gran.

Medidas de capacidade para líquidos
1 moio -> 8 olas
1 ola, arroba, cántara -> 16 litros na maioría de Galiza/18 litros(concello da Peroxa, Ourense) e creo que algún concello de Lugo (se alguén o sabe, prégolle que o deixe no comentario).
1 canado -> 2 olas
1 canada -> 4 litros
1 carta -> 1/4 de canada
1 neto -> 1/2 litro
1 cuarteirón -> 1/4 de litro

Medidas de capacidade para áridos
1 fanega -> 4 ferrados
1 ferrado, tega -> 12 Kg de centeo, 16 Kg de trigo, 18 Kg de fabas, 20 Kg de millo.
1 escá, tego -> 1/2 ferrado
1 carteira -> 1/4 de ferrado
1 cunca -> 1/16 de ferrado

martes, 16 de marzo de 2010

Algúns radicais latinos

agri-> Campo -> Agrícola, agrónomo, agricultura, agrario, agronomía

api
-> Abella -> Apicultor, apicultura,, apicola

arbor
-> Árbore -> Arboricultura, arborícola, arborizar, arborizable, arbóreo, arboriforme

beli
-> Guerra -> Bélico, belixerancia, belicoso

cali
-> Calor -> Caloría, calórico, calorífico, calorífugo, calorimetría, calorímetro, caloroso

centri-
> Centro -> Centrífugo, centrifugadora, centrípedo, centrista

color
-> Cor -> Colorímetro, colorización, colorete, colorante, colorismo, colorista

cordi
-> Corazón -> Cordial, cordiforme, cordialmente

corn(i)
-> Antena, chifre -> Cornudo, cornucopia, cornúpeta

cruci
-> Cruz -> Crucifixo, crucificar, cruceta, crucial, crucífero, cruciforme