-> Carreira: latín Carrarium (camiño habilitado para o paso de carros).
-> Carril: latín vulgar carrile, relacionado coa palabra carro.
-> Catoira: latín captoriam (que serve para cazar).
-> Celanova: latín cella (cuarto ou habitación).
-> Celeiro: latín cella (pequeno cuarto reservado para usos agrícolas).
-> Cernada/Cernadas/Cernadiña/Cernadela/Cernado/: latín cinis (cinsa) isto deu cinerata (terra queimada).
-> Cerquiños: do latín cerquinus, por quercinus, e este de quercus (carballo).
-> Cervantes: latín cervum (cervo).
-> Cesures: latín caedere (cortar).
-> Ciguñeira: latín ciconia (cigoña).
jueves, 26 de enero de 2012
lunes, 12 de diciembre de 2011
Toponimia IV
Boimorto-> * boi sempre nomea penedos terrestres ou marítimos (O Boi, Os Bois, O Corno de Boi, Boi Grande, Boi Pequeno, Boidecanto, Boicornello) *morto (pedra preindoeuropeo). Boimorto sería unha tautoloxía ou repetición de pedra.
Buño /Budiño-> *buda latín (espadana, xunco).
Bustelo-> latín *bustellu diminutivo da palabra latina bustu (busto fuenerario, tumba ou lugar onde se queimaban os cadáveres). Para algúns autores como o P. Sarmiento sería unha derivación do vocábulo latino * bos (boi). Outros autores vinculan a palabra busto coa voz gala *bou (vaca).
Caión-> Preindoeuropeo *cal (rocha) *calion celta (pedra).
Cangas /Cambados / Combarro-> Raíz céltica *camb- (cousa curva). Outros topónimos parecidos e relacionados con métodos de pesca ancestrais son Camboa, Comboa, Gamboa.
A Caniza-> latín *cannitia derivado de canna (cana, armazón de canas e varas que ten diferentes usos agrícolas ou tamén cuberta sostida por uns paus que fai o servizo de alpendre ou hórrero).
Capela-> Latín tardío *capella (oratorio, capela).
Caramiñal/Camariñas-> Latín *calamus.
Carballiño/Carballo-> Do indoeuropeo *car-b (planta dura, pedra).
Carnota/A Corna-> Precéltico *carn ou *corn (pedra).
Carregal/Carracedo/Carrizal-> Fitónimo proveniente de *carricale, derivado de carex (carrizo ou cana silvestre dos pantanos). O mesmo pasaría con Carragosa, Carragoso, Carragal, Carracido, Carraceda, ...

lunes, 28 de noviembre de 2011
Toponimia III
-> A Baña: Pode vir da voz latina balneu (baño, charco, paraxe con auga).
-> Balsa: Proven da voz prerromana "balsa" , que primeiro significou (sitio ou valgada encharcada) e despois, sucesivamente, (caixa), (dorna) e (embarcación).
-> Baños: Nome de lugar frecuente en Galicia, como corresponde a un país de gran tradición termal, procede da expresión latina ((aquas) cálidas, xa documentada como topónimo nos primeiros anos da Nosa Era polo xeógrafo grego Ptolomeo, quen fala dunha cidade chamada Augas Cálidas. Outros topónimos desta clase son os de Caldelas de Tui (diminutivo de cálidas), Castro Caldelas, Ponte Caldelas, Río Caldo, etc.
-> Barbanza, Barbesa, Barbantiño, Barbaña, Barbacán, Baroña, Barosa: Coa partícula *bar (precéltica) (depresión, costa, desnivel, profundidade).
->Barco: Base quizais céltica *barc ou *barg (quizais proveniente de *bar), que debeu significar (concavidade, altura, costa). O mesmo significado supoñémoslle a Barcia, Barxa ou Barxas: étimos asociados as cuncas ou valgadas fluviais; outros topónimos desta familia son os de Barxamaior, Barxacova, Barxela, Barxelas, Barxiela, Barciela, Barcias Barcenal, Barcés, etc.
-> Batán: Vén da voz latina battuere (bater, golpear) O batán era un aparello movido pola enerxía hidráulica que servía para bater, desengraxar e apertar o liño ou a la.
-> Belvis: De Bellum visum (Boa vista, vista alegre).
->Bembibre: "Bene vivere" Parece significa lugar ou sitio de ben vivir, e sinalarían asentamentos que ofrecerían boas condicións agrarias. Comezando polo adverbio ben, como Bembibre, temos o topónimo Bemposta que parece referirse a un lugar ben situado, edificado ou posto nun lugar prominente.
-> Bergantiños: Parece un antigo topónimo étnico con referencia aos brigantinos ou brigantes, que segundo o significado do vocábulo céltico *briga (altura, fortificación, fortaleza, castro), faría alusión aos habitantes das montañas, das alturas, ou mellor, dos castros.
-> Brigos: Da raíz céltica *berg (monte, altura). Da mesma raíz El Bierzo antigamente "Bergido" ou "val Bergidense".

miércoles, 9 de noviembre de 2011
Toponimia II
-> Ambroa: Lembra a tribo ou pobo antigo dos ambróns, tamén chamados ligures. Fálanos da presencia dun pobo precelta afín aos ligures.
-> Anllóns: (latín: angulus) Refírese aos ángulos e meandros que ten a conca do río.
-> Aranga, Arantón, Arán, Arabexo, Aro, Ara, Arangas, Aros, Arlés, Aranza, Arante: partícula preindoeuropea *ara (val, auga).
-> Arealonga: Vén de area longa. Fai alusión, neste caso, ao extenso e longo areal sobre o que se asentaron as comunidades de pescadores de Vilagarcía. De area : Areal, Areas, Areeiro, Areíña, Areosa, Arnosa, Arnoso.
-> Arenteiro: Latín argentariu derivado de argentum "prata". Isto fai pensar en antigas explotacións deste metal.
-> Armenteira, Armentón: Do latín armentariam e esta de armentum (gando vacún).
-> Arnados, Arnoia, Arnela: Dunha antiga base *arn (concavidade, valgada, depresión).
-> Arteixo, Artes, Arteixiña e Artesas: Viría dunha base preindoeuropea *ar ou *art, de significado a "concavidade". Haberá que lembrar o dobre significado da palabra "artesa", igual a "caixón" ou "arca de madeira" e "val de fondo plano e vertentes inclinadas".
-> Axeitos: Do latín adiactu (estar próximo).
-> Azougue: Procedente da voz árabe al-suq (zoco, mercado).

martes, 25 de octubre de 2011
Toponimia I
->Abelleira: Do latín Apiculam (abella).
->Abuín: Do latín avum /latín vulgar aus ( avó).
-> Abeledo : Do latín abellanetum (lugar onde hai abeleiras)
-> A Graña: Do latín villam graneam derivado de Grannum (onde se garda o gran).
-> Agolada: Do latín aquam latam (auga levada).
-> Agrela: Do latín agrum (campo). Este é o diminutivo de agra
-> Aguiar/Aguieira: Do latín aquilam (aguia).
->Albedro: Do latín arbutum (érbedo). Albidrón diminutivo de Albedro, Erbedal, Erbedeiro e Ervedelo (barrio de Ourense).
-> Alberguería : Deriva da voz gótica haribairgo (aloxamento).
-> Alén: Do latín (ad) illinc (do outro lado) .

lunes, 18 de abril de 2011
As palabras do día
Cachizas.- Fragmentos, pedazos pequenos. SIN. Fanicos
Garatuxeiro.- adx. (1) Que fai demostracións excesivas de afecto. (2) Que gusta de facer chanzas e diversións. (3) Liorteiro.
Lorda.- f. Capa de sucidade que se forma sobre algo, por exemplo na pel das persoas por falta de hixiene, nas pezas de roupa polo continuo uso, na louza que non se lava ben, etc. SIN. Cotra, morriña.
Arfar.- v. i.
(1) Respirar con dificultade.
(2) Ansiar.
Garatuxeiro.- adx.

jueves, 7 de abril de 2011
Palabras do día
Axirir .- v. i. Chiar as aves.
Groucho .- s. m. (1) Grolo, trago de viño. (2) Cousa pequena e insignificante.
adx. (3) Dise dos meniños pequenos.
s. m. (1) Grumo. (2) Boliña de fío que se deixa en algunhas teas.
Vedoiro .- s. m. (1) Bruxo adiviñador que predi o destino. (2) Espírito maligno.
Loaira .- s. f. Raio de sol de duración breve. Lorada, raiola.
Cachimañas .- s. f. pl. Artimañas, astucias.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)