-> Ambroa: Lembra a tribo ou pobo antigo dos ambróns, tamén chamados ligures. Fálanos da presencia dun pobo precelta afín aos ligures.
-> Anllóns: (latín: angulus) Refírese aos ángulos e meandros que ten a conca do río.
-> Aranga, Arantón, Arán, Arabexo, Aro, Ara, Arangas, Aros, Arlés, Aranza, Arante: partícula preindoeuropea *ara (val, auga).
-> Arealonga: Vén de area longa. Fai alusión, neste caso, ao extenso e longo areal sobre o que se asentaron as comunidades de pescadores de Vilagarcía. De area : Areal, Areas, Areeiro, Areíña, Areosa, Arnosa, Arnoso.
-> Arenteiro: Latín argentariu derivado de argentum "prata". Isto fai pensar en antigas explotacións deste metal.
-> Armenteira, Armentón: Do latín armentariam e esta de armentum (gando vacún).
-> Arnados, Arnoia, Arnela: Dunha antiga base *arn (concavidade, valgada, depresión).
-> Arteixo, Artes, Arteixiña e Artesas: Viría dunha base preindoeuropea *ar ou *art, de significado a "concavidade". Haberá que lembrar o dobre significado da palabra "artesa", igual a "caixón" ou "arca de madeira" e "val de fondo plano e vertentes inclinadas".
-> Axeitos: Do latín adiactu (estar próximo).
-> Azougue: Procedente da voz árabe al-suq (zoco, mercado).

Grazas por contribuír a que aprendamos coas túas explicacións.
ResponderEliminarO de artesa lémbrame os amoríos de antaño, cando se facían mozos nesa zona, detrás da lareira. Grazas polas clases.
ResponderEliminar